O circuíto Jorge Prado acollerá o Campionato de España de Motocross Júnior en setembro

LugoXa
Motopark Lugo contará co apoio da Xunta para organizar unha proba que reunirá a categorías como MX65, MX85 ou MXSub18
reunion-Xunta-con-Club-Motopark-de-Lugo
23 Jul 2025

O Campionato de España de Motocross Júnior celebrarase no circuíto Jorge Prado de Lugo durante a fin de semana do 20 e 21 de setembro, segundo confirmaron tras unha reunión entre o presidente e o secretario do Club Motopark, Miguel Ángel Vázquez e Martín Pérez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. O encontro serviu para concretar a colaboración do Goberno galego na organización do evento.

Con esta cita, o circuíto lucense volverá ser escenario dun campionato nacional, tras acoller noutras ocasións o Nacional Elite. Nesta ocasión, competirán pilotos das categorías MX65, MX85, MXSub18, MX3 e MX4, convertendo Lugo nun referente do motocross estatal durante esa fin de semana.

Durante a reunión, Javier Arias destacou o “excelente traballo desenvolvido polo Club Motopark, que consegue traer á cidade unha nova proba deportiva de primeirísimo nivel”, e lembrou que a Xunta continúa a apoiar entidades e eventos deportivos da provincia, tendo en conta tanto o impacto económico como a proxección nacional e internacional que este tipo de citas representan para o territorio.

⚙ Configurar cookies
0.16613507270813