O Círculo das Artes acollerá o XI Maratón de Mus Muralla de Lugo – Memorial Luciano Sánchez

LugoXa
Xa hai apuntadas 106 e o límite está establecido en 112, aínda está aberto o prazo para formalizar as inscricións
Maratón-de-Mus-Muralla-de-Lugo
29 Apr 2025

A Xunta de Galicia colabora co XI Maratón de Mus Muralla de Lugo – Memorial Luciano Sánchez, que se celebra o 10 de maio no Círculo das Artes.

LugoMuseiros, asociación organizadora do evento, agarda a participación de parellas procedentes de Galicia e doutras comunidades, como Asturias e Castela e León.

Xa hai apuntadas 106 e o límite está establecido en 112, aínda está aberto o prazo para formalizar as inscricións ata cubrir o número máximo de prazas.

Haberá numerosos premios e trofeos para repartir entre os gañadores e tamén estarán en xogo prazas para os campionatos de España 2025 de Ourense e A Coruña.

O delegado territorial destacou o interese que ten para Lugo acoller este torneo que “está consolidado como un dos mellores do circuíto nacional” e que ademais supón “unha excelente oportunidade de promoción para a cidade”.

⚙ Configurar cookies
0.054383039474487