O Clavi acolle o show de improvisación teatral Improdutivas este xoves en Lugo

O Club Clavicémbalo de Lugo será escenario este xoves 25 de setembro do espectáculo Improdutivas, un show de improvisación teatral que promete unha noite de humor, espontaneidade e moita frescura.
A actuación dará comezo ás 22:00 horas, coa apertura de portas prevista para as 21:30. A proposta chega da man do grupo Improdutivas, que define o seu estilo como “sen guión nin vergoña, gorxeos arriscados e moita cara dura”.
O público poderá gozar dunha función única e irrepetible, na que a creatividade dos actores e actrices marcará o ritmo dunha velada cargada de sorpresa e participación. O evento celebrarase no Club Clavicémbalo, situado na rúa dos Paxariños 23, un dos espazos culturais de referencia da cidade.