O club Biosbardo de Lugo desputará as súas dúas últimas probas de longa distancia da tempada
LugoXa
Esta fin de semana o C.D.Biosbardo desputará as súas dúas últimas probas longa distancia desta tempada 2021.
5 Nov 2021
Esta fin de semana o C.D.Biosbardo desputará as súas dúas últimas probas longa distancia desta tempada 2021.
Así, Jonatan Jorge Guille será o representante no Maratón Zurich-Barcelona, unha proba que reunirá un amplo plantel internacional no que o deportista aspira a facer un bó tempo logo de meses de preparación.
Tamén Iván Sangiao Darriba desputará o Ultra Trail Marão, unha proba de 60 km e 8 mil metros de desnivel, sendo unha das probas internacionais máis prestixiosas do mes de novembro e que se desputa en Amarante, Portugal.
Ámbalas dúas citas reunirán un amplo plantel internacional que servirá de análise para o estado de forma dos deportistas.