O Club Biosbardo logra bos resultados no III Trail Asaltamontes
LugoXa
Celebrouse o III Trail Asaltamontes - Xunqueira de Ambía onde Iván Sangiao firmou o mellor resultado do Club Deportivo Biosbardo.
11 Aug 2021
A pasada fin de semana celebrouse o III Trail Asaltamontes - Xunqueira de Ambía, en Ourense, onde Iván Sangiao firmou o mellor resultado do Club Deportivo Biosbardo.
O club lucense participou esta fin de semana nun evento de 27 quilómetros e 1.400 metros de desnivel positivo. Así pois, o equipo masculino cumpríu os pronósticos, entrando progresivamente nos grupos destacados. O mellor resultado foi o que conseguiu Iván Sangiao, cunha 6ª posición na xeral e 2º senior, facendo unha boa carreira.
En canto á categoría feminina, Katia Senín foi a que deu a sorpresa en distancia curta -de 14 quilómetros- cun 8º posto na xeral feminina.