O club BTT Castro convoca a súa kedada anual para o 13 de abril

TerraChaXa | LugoXa
O club ciclista BTT Castro celebrará o 16 de abril a quinta edición da súa quedada anual que tivo que ser suspendida no 2020 pola pandemia.
kedada btt castro portada
24 Mar 2024

O club ciclista BTT Castro celebrará o 14 de abril a sexta edición da súa quedada anual, que se recuperou o ano pasado despois de tres de parón pola pandemia.

A proba consistirá nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será o de facer unha excursión á que poda sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.

Por todo isto, non terá moitas dificultades técnicas e a organización lembra, que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que considere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc…).

A saída está prevista ás 9.30 horas da carballeira de Castro Ribeiras de Lea, na que os participantes poderán tomar un café. A organización anunciou que este ano haberá unha pinchada final con sesión vermú.  Este ano a ruta constará duns 50 km cun desnivel positivo acumulado de 1400 metros.

Este ano volveron apostar por unha ruta sostible, polo que estará minimamente sinalizada pero disporá do track para descargar e seguila co GPS sen problema; aínda que farán grupos para que ninguén se perda.

A inscrición, aínda aberta, ten un límite de 50 persoas e un custe de 15 euros.

Ao final haberá servizo de ducha no pavillón deportivo e lavado de bicis na área de autocaravanas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17346215248108