O club BTT Castro recupera a súa kedada anual de abril
O club ciclista BTT Castro celebrará o 16 de abril a quinta edición da súa quedada anual que tivo que ser suspendida no 2020 pola pandemia e que aínda non se celebrou de novo.
A proba consistirá nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será o de facer unha excursión á que poda sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.
Por todo isto, non terá moitas dificultades técnicas e a organización lembra, que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que considere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc…).
Este ano a ruta constará de uns 40 km cun desnivel positivo acumulado de 800 metros, incluíndo os clásicos como o Pienseiro, Carballeira e un renovado LeiteSeca que para moitos será novo e un tramo inédito. Sumarase un tramo inédito tamén.
A saída está prevista ás 9.30 horas da carballeira de Castro Ribeiras de Lea, no que os partipantes poderán tomar un café. A organización anunciou que este ano habrerá unha pinchada final con sesión vermú. A música estará ao cargo de Eventec e o menú consistirá nunha parrillada de hamburguesas artesanas e filloas.
Este ano apostaron por unha ruta sostible, polo que estará mínimamente sinalizada pero disporá do track para descargar e seguila co GPS sen problema; aínda que farán grupos para que ninguén se perda.
A inscrición, aínda aberta, ten un límite de 50 persoas e un custe de 15 euros.
Ao final haberá servizo de ducha no pavillón deportivo e lavado de bicis na área de autocaravanas.