O Club Ciclista Cidade de Lugo celebra 25 anos de historia cun acto de homenaxe

LugoXa
No acto, repasarase a traxectoria do club, presentaranse os novos retos de futuro e renderase homenaxe a todas as persoas que formaron e forman parte deste proxecto deportivo
Club-Ciclista-Cidade-de-Lugo
19 May 2025

O Club Ciclista Cidade de Lugo celebra o seu 25º aniversario e o comezo dunha nova etapa, polo que a entidade organizará un acto conmemorativo o vindeiro 6 de xuño ás 20:00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo.

Será unha ocasión moi especial na que se repasará a traxectoria do club, se presentarán os novos retos de futuro e se renderá homenaxe a todas as persoas que formaron e forman parte deste proxecto deportivo.

Baixo o lema 25 anos de historia e un novo renacer, o club convoca a socios, simpatizantes e persoas vencelladas ao ciclismo para compartir unha xornada de lembranza, agradecemento e ilusión cara ao porvir.

O evento promete ser unha celebración emotiva e significativa para unha entidade que leva un cuarto de século promovendo o ciclismo e os valores do deporte en Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.098729848861694