O Club Ciclista Cidade de Lugo celebra o seu 25 aniversario

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo cunha representación do club ciclista Cidade de Lugo encabezada polo seu presidente, David Castro, para avaliar as súas necesidades e proxectos futuros así como para valorar posibles liñas de colaboración.
O club celebra o vindeiro sábado, día 7, o seu 25 aniversario nun acto que terá lugar no Vello Cárcere e que compartirá con socios e colaboradores. Arias gabou esta longa traxectoria “de esforzo, constancia e paixón para promover a práctica do ciclismo e os valores do deporte en Lugo”. Lembrou ademais que o Goberno galego convoca programas de axudas para asociacións, clubs e entidades deportivas destinadas á adquisición de equipamentos deportivos, e fomenta expresamente esta disciplina a través das achegas á Federación Galega de Ciclismo.