O Club Coyote Pedal celebra este sábado a súa marcha cicloturista BTT

LugoXa | TerraChaXa
Partirá ás 9.30 da mañá do Teleclub de Bazar en Castro de Rei.
ruta-coyote-pedal-2024
15 sep 2023

O club Coyote Pedal Terra Chá en colaboración co Concello de Castro de Rei celebrará a V Marcha cicloturista BTT do mesmo nome este sábado con hora de saída ás 9.30 da mañá do Teleclub de Bazar en Castro de Rei.

Trátase dunha marcha cicloturista que discorre polo Concello sen carácter competitivo. A distancia para percorrer serán aproximadamente 45 km cun desnivel acumulado positivo de 1.200 metros aproximadamente. Haberá tamén unha variante máis curta por se alguén necesita facer menos percorrido, de 30 quilómetros e 700 metros de desnivel.

Poden participar todos os deportistas afeccionados ao ciclismo, federados ou non a partir dos 16 anos cumpridos, (con autorización paterna ata os 18) que realizasen un adestramento suficiente para unha marcha ciclista de longa duración e participen cun nivel de saúde e condición física óptimo para un esforzo destas características.

Ao ser unha marcha cicloturista está permitido a participación de E-Bikes, que seguirán o mesmo regulamento. A inscrición inclúe un almorzo no posto de saída, avituallamento, camiseta conmemorativa do evento e duchas ou servizos de lavado de bicis.

0.23886799812317