O Club Cultural Valle-Inclán celebra a súa Festa do Socio cunha viaxe pola Mariña

LugoXa
O domingo 28 de abril o Club Cultural Valle-Inclán celebrará a súa tradicional Festa anual do Socio cunha viaxe pola Mariña occidental lucense, nun percorrido que denominan como “de porto en porto” e “de faro en faro”.
23 Abr 2024

Deste xeito, o colectivo visitará, no concello de Xove, a antiga baleeira e e os curiosos dolos e cantís de papel do portiño de Morás, e o miradoiro arqueolóxico do San Tirso Vello de Portocelo. Irán ata o faro da Punta Roncadoira para logo, xa no concello de Viveiro, visitar o cabo de Monte Faro e o porto de Celeiro

0.19683313369751