O Club de Billar Adai destaca nos XXXIII Campionatos Galegos de Billar Pool

LugoXa
O evento reuniu a máis de 1.000 participantes e os xogadores lucenses lograron varios podios nas distintas categorías
campionato-galego-Club-Billar-Adai-Lalin-2025
21 Jul 2025

O Club de Billar Adai participou nos XXXIII Campionatos Galegos de Billar Pool na modalidade de bola-8, que se disputaron durante dous fins de semana consecutivos no Lalín Arena, organizados pola Asociación Galega de Billar Pool.

A competición comezou os días 11, 12 e 13 de xullo coa modalidade de parellas e equipos, e rematou onte coa entrega de premios das diferentes categorías individuais.

A organización foi felicitada polo seu excelente labor e pola gran convocatoria, que reuniu a máis de 1000 participantes procedentes de toda Galicia, entre eles 32 mulleres e 25 xogadores das categorías júnior e xuvenil.

Desde Lugo, varios clubes e salas como Xove, AGP, Poolroom, Adai, Tiempos Modernos, Open Pool ou Sala Pirata, conseguiron numerosos podios, demostrando a forza e a calidade da canteira da provincia.

O Club de Billar Adai destaca pola actuación dos seus socios, que acadaron bos resultados: no XXXIII Campionato Galego de Equipos de 1ª categoría, o equipo Tiempos Modernos Revestimientos Raposo, formado por Javier Raposo, Iván Rey, Antonio Vázquez e Edgar Jesús Redondo, conseguiu o bronce. No XXXIII Campionato Galego Individual Supersenior, Jaime Fontal Lage logrou a medalla de prata, mentres que no XXXIII Campionato Galego Individual Xuvenil, Antía Mera Martínez conseguiu o ouro, un motivo de orgullo para o club.

A participación e éxitos do Club Adai reflecten a boa saúde do billar lucense e a calidade dos seus xogadores nas competicións autonómicas.

⚙ Configurar cookies
0.17612099647522