O Club de Lectura de Lugo organiza un encontro coa recoñecida autora galega María Reimóndez

LugoXa
O evento busca achegar ás lectoras e lectores á autora e fomentar o diálogo sobre os temas tratados no libro, así como sobre a súa traxectoria literaria
Club-de-Lectura-Lugo
2 May 2025

O vindeiro 10 de maio ás 12:00 horas, o Club de Lectura de Lugo organiza un encontro coa recoñecida autora galega María Reimóndez no centro sociocultural O Vello Cárcere.

O acto, titulado 'Faladoiro con María Reimóndez', xirará arredor da súa obra Furia, publicada pola editorial Xerais dentro da colección 'Fóra de Xogo'.

O evento busca achegar ás lectoras e lectores á autora e fomentar o diálogo sobre os temas tratados no libro, así como sobre a súa traxectoria literaria. O acceso será libre ata completar aforo.

Esta actividade conta co apoio do Concello de Lugo e enmárcase dentro do compromiso municipal coa promoción da cultura e da lectura.

⚙ Configurar cookies
0.17061901092529