O Club de Montaña Terras de Burón organiza a primeira ruta do ano

LugoXa
O Club de Montaña Terras de Burón organiza a primeira ruta do ano pola Fonsagrada o vindeiro día 12 de marzo
TErras de buron portada
4 Mar 2023

O Club de Montaña Terras de Burón organiza a primeira ruta de sendeirismo pola Fonsafrada do ano. 

A ruta será o vindeiro domingo día 12 de marzo e haberá dúas opcións de ruta. A primera unha ruta corta de 11 quilómetros e unha duración de tres horas e unha dificultade media. A saída para esta ruta será ás 10.30 dende O Relaio.

Como segunda opción hai unha ruta máis longa de 24 quilómetros cunha duración aproximada de entre cinco e seis horas e unha dificultade media-alta que terá a saída ás 9.00 dende Barbeitos. 

A ruta longa tamén se pode realizar correndo, cunha duración aproximada de tres ou catro horas. 

As inscricións poden realizarse ata o seis de marzo.

TErras de buron
0.20113015174866