O Club de Natación Portamiñá fai historia co ascenso á 1ª División Nacional

LugoXa
Os equipos masculino e feminino logran o salto de categoría tras pechar a tempada cun quinto e un terceiro posto na 2ª División Nacional
Ascenso-CN-Portamiña-1ª-División-Nacional-Lugo
25 Dec 2025

O Club de Natación Portamiñá asinou un dos capítulos máis destacados da súa traxectoria deportiva tras a publicación dos resultados finais da 2ª División Nacional, que confirman o ascenso dos seus dous equipos absolutos á 1ª División Nacional para a vindeira tempada.

O conxunto masculino pechou a competición nun meritorio quinto posto, mentres que o equipo feminino acadou unha brillante terceira posición, resultados que certifican o salto de categoría de ambos bloques.

Este logro supón un fito sen precedentes para a entidade, xa que será a primeira vez que o equipo absoluto do Portamiñá compita nunha categoría nacional. Un paso histórico que consolida ao club como unha das referencias da natación galega e reforza a súa presenza e proxección no ámbito estatal.

Desde o club destacan que este éxito é o reflexo directo do traballo constante, da entrega e do compromiso dos deportistas, así como do apoio das familias, do corpo técnico e da xunta directiva. Un recoñecemento que se estende tamén a todas aquelas persoas que, aínda que xa non forman parte da entidade, contribuíron co seu esforzo a facer posible este momento histórico.

⚙ Configurar cookies
0.067698001861572