O Club Deportivo Biosbardo proclámase campión no Campionato Galego de Trail

LugoXa
O Club Deportivo Biosbardo rematou unha fin de semana para enmarcar, onde todo o traballo feito tivo un gran premio no Campionato Galego de Trail, individual e de clubs, que se levou a cabo en Muros, no III Trail Cova da Bruxa, congregando a case 1.
cd_biosbardo_campionata_galego_de_trail_
19 Feb 2024

O Club Deportivo Biosbardo rematou unha fin de semana para enmarcar, onde todo o traballo feito tivo un gran premio no Campionato Galego de Trail, individual e de clubs, que se levou a cabo en Muros, no III Trail Cova da Bruxa, congregando a case 1.100 atletas nunha das probas insignia da Federación Galega de Atletismo. Tratouse dunha gran carreira do equipo masculino, quen sen ningún tipo de complexo saíu a por todas, colocando aos atletas nos postos dianteiros, controlando a carreira por clubs.

O equipo tomou a dianteira, comandados por Marcos Pascual e Federico Losada, que se aventuraban na cabeza de carreira, seguidos de cerca por Emilio Montilla, Iván Sangiao e Jonathan Pérez. A colocación estratéxica dos deportistas fixo que case duplicaran a puntuación respecto o segundo club, Atletismo Porriño e triplicáramos a do terceiro, C.A. Cambados. Desde a dirección técnica do club queren destacar o traballo feito polos demais representantes do equipo: Fran Sobrado, Borja Varela, Iván Barca, Fran Pascual e Guillermo Grandal. Unha vitoria de todo o colectivo alí presente aínda que só puntuaban os 5 primeiros en meta.

Terceiras por equipos

En canto aos resultados femininos, o club posicionouse terceiro por equipos. A baixa de última hora de Katia Senín obrigaba a puntuar ás tres deportistas que desputaban o campionato. Pero as lideradas por Tamara García non fallaron e foron avanzando posicións en carreira, aumentando a tensión por parte de compañeiros e afeccionados. Coa entrada en meta de Fanny Abelenda e Enara Fernández cando se ratificábase o terceiro posto por equipos feminino a tan só 5 puntos da segunda praza do SD Compostela.

En canto ás marcas individuais, Marcos Pascual Fidalgo proclamouse Campión Galego M35. Consolidou o seu estado de forma actual, colocándose no top 5 e coroándose como campión galego da súa categoría. Federico Losada Conde posicionouse como Campión Galego M45. Ocupou a décima posición no campionato absoluto, acusando á fatiga competitiva das semanas previas, pero entra directo en postos para defender a Selección Galega no vindeiro campionato de España.

Pola súa parte, Emilio Montilla Fernández acadou o título de Campión Galego M50. Correndo moi intelixentemente, regulando e atacando nos quilómetros finais logrou o décimo primeiro posto na meta. Con estes resultados o C.D. Biosbardo acada o título masculino, o terceiro posto feminino e tres títulos individuais, mentres afianza a un dos seus deportistas dentro da Selección Galega, tendo dous homes máis, Marcos Pascual e Emilio Montilla, nos dez primeiros do Ranking da Federación Galega de Atletismo e unha das rapazas tamén ás portas da selección, Tamara García.

0.10783100128174