O Club Deportivo Lugo aproba en xunta extraordinaria un préstamo de 1,27 millóns

LugoXa
Tamén se aprobou por maioría a autorización e delegación de facultades ao Consello de Administración para interpretar, corrixir, executar e desenvolver os acordos adoptados na xunta
xunta-xeral-accionistas-cd-lugo
28 May 2025

O Club Deportivo Lugo celebrou este martes, ás 19:00 horas en primeira convocatoria, a súa Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas no salón de actos do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, situado na Rúa dos Deportes. No encontro estiveron presentes 11 accionistas, que representaban un total de 271.778 accións, o que supón o 78,06 % do capital social do club.

Durante a sesión, tratáronse os asuntos recollidos na orde do día. En primeiro lugar, aprobouse, ratificouse e convalidouse unha operación de financiamento entre a empresa Frisaques S.L.U. e o C.D. Lugo. Dita operación consiste nun préstamo por importe de 1.270.000 euros, cun prazo de dous anos e medio, que inclúe seis meses de carencia e 24 meses de amortización. O obxectivo deste préstamo é facer fronte ás necesidades operativas de tesouraría do club durante a tempada 2024/25. A proposta foi aprobada por maioría, con 271.569 votos a favor (99,92 %), 209 en contra (0,08 %) e sen abstencións.

No segundo punto da orde do día, tamén se aprobou por maioría a autorización e delegación de facultades ao Consello de Administración para interpretar, corrixir, executar e desenvolver os acordos adoptados na xunta, así como para elevar a instrumento público os mesmos e outorgar os contratos necesarios.

Estas medidas permitirán ao club garantir a súa estabilidade financeira a curto e medio prazo, de cara aos obxectivos marcados para a próxima campaña.

⚙ Configurar cookies
0.12390899658203