O Club Deportivo Lugo destitúe ao adestrador Yago Iglesias tralo empate contra o Arenas

O Club Deportivo Lugo comunicou a saída de Yago Iglesias, quen, xunto ao seu corpo técnico, pon fin á súa etapa á fronte do primeiro equipo e abandona a disciplina da entidade, despois do empate do equipo albivermello contra o Arenas Club de Getxo na xornada deste domingo, 22 de marzo, no Anxo Carro.
A pesar de ter obtido malos resultados nos últimos partidos na casa (0-4 contra o Real Madrid Castilla), o adestrador conseguira meter ao equipo nos playoff de ascenso, ocupando o terceiro posto na clasificación de Primera RFEF a principios de marzo. Porén, estes dous últimos partidos sentenciaron ao técnico, a pesar de que o equipo está de noveno na clasificación, pero a 1 punto do playoff de ascenso.
Desde o club quixeron expresar o seu agradecemento ao técnico polo labor desenvolvido ao longo destes meses, destacando o seu compromiso, traballo e dedicación, ao tempo que lle trasladaron os seus mellores desexos para os seus próximos retos profesionais.
Así mesmo, a entidade anunciou que Álex Ortiz asumirá de maneira provisional a dirección do primeiro equipo, facéndose cargo do grupo e dirixindo este luns a súa primeira sesión de traballo.