O Club Deportivo Lugo pídelle á sociedade lucense o seu apoio no último partido da tempada no Anxo Carro

LugoXa
"É momento de estar unidos, de empurrar todos xuntos, de converter o Anxo Carro nun fortín", destacan desde a entidade albivermella
Afección-Club-Deportivo-Lugo
13 May 2025

O Club Deportivo Lugo enfróntase este sábado 17 de maio, ás 19:00 horas, ao Zamora CF no Estadio Anxo Carro, no que será o último partido da tempada na nosa casa e o primeiro dos dous encontros decisivos na loita pola permanencia

Por iso, desde o equipo lucense fan un chamamento á sociedade luguesa para "empurrar todos xuntos e converter o Anxo Carro nun fortín. Porque esta loita é de todos. Porque xuntos, somos máis fortes"

Así, para fomentar unha gran entrada e o apoio masivo da afección albivermella, o club pon en marcha unha promoción especial de entradas para abonados e público xeral, podendo retirar unha entrada de balde con cada carné de abonado, tanto na CDLU Store como nas oficinas do estadio

Ademais, lémbrase que aquelas persoas que aínda conserven invitacións entregadas ao inicio da tempada teñen nesta xornada a última oportunidade para trocalas, xa que non serán válidas unha vez rematada a mesma

O prezo da entrada para o público xeral será de 5 euros, independentemente da zona do estadio ou da categoría. Os abonados que necesiten entradas adicionais á súa invitación gratuíta tamén poderán adquirilas ao mesmo prezo reducido

⚙ Configurar cookies
0.16956281661987