O Club Deportivo Lugo poderá seguir usando o campo de adestramento do Ceao

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobará a adxudicación da concesión do campo municipal José Carballido Cerceda ao CD Lugo SAD, que poderá utilizalo para adestramentos e outras actividades deportivas.
O acordo, cunha vixencia inicial de dous anos prorrogables ata dez, permitirá ao club contar cun espazo complementario ao Anxo Carro para o desenvolvemento da súa actividade diaria.
O convenio establece tamén a obriga do CD Lugo de asumir o mantemento ordinario das instalacións e dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
Con esta medida, o Concello de Lugo reforza a súa colaboración cun dos principais referentes deportivos da cidade e promove un uso eficiente e responsable das instalacións municipais, poñéndoas ao servizo do deporte local e da cidadanía.