O Club Deportivo Lugo pon en valor os xogadores da canteira
O Club Deportivo Lugo vén de promover unha campaña de comunicación a través das redes sociais para ampliar o coñecemento sobre a canteira do club.
Desta maneira, a partir de agora, as persoas afeccionadas ao fútbol lucense poderán ter máis información de cada un dos equipos que conforman a canteira: alevín, infantil, cadete, xuvenil e filial, de onde saen varios xogadores do primeiro equipo, como Pablo Cacharrón e Dani Vidal.
O director da canteira, o sarriao David Páez, defende que “é moi importante priorizar as estruturas de fútbol base do club, porque dá rendementos máis próximos ao coñecer o contexto do club e son xogadores que pertencen ao club e con moito cariño fóronse coidando, polo que queremos que cheguen ao primeiro equipo”.
Por iso, esta nova forma de achegamento do club á afección a través das redes sociais será “de vital importancia” para seguir os pasos e a evolución dos máis pequenos ata chegar ao filial ou incluso ao primeiro equipo.
Ver esta publicación en Instagram