O Club Escola Lucense de Tiro con Arco destaca na 1ª xornada da Liga Galega Individual de Aire Libre

Os arqueiros do Club Escola Lucense de Tiro con Arco (C.E.L.T.A.) participaron con gran éxito na Primeira Xornada da Liga Galega Individual de Aire Libre 2025, celebrada no Campo de Tiro de Meigarco, en Redondela (Pontevedra), os días 15 e 16 de marzo.
Os resultados obtidos polos membros do club foron sobresalientes, destacando José Ángel Otero Martínez, que conseguiu o 2º posto na categoría LongBow Veterano Home, cun total de 450 puntos, disparando a unha distancia de 30 metros sobre unha diana de 122 cm.
Por súa parte, Juan Andrés Casaleiro Piña logrou o 2º posto na categoría Recurvo Senior Home, con 546 puntos, a unha distancia de 70 metros sobre diana de 122 cm.
Finalmente, Fon Villamiel alcanzou o 7º posto na categoría Tradicional Veterano Home, con 427 puntos, a unha distancia de 30 metros sobre unha diana de 80 cm.
A destacada actuación dos arqueros do C.E.L.T.A. adquire aínda máis relevancia se temos en conta que o club non dispón dun campo de tiro ao aire libre para os seus adestramentos, o que resalta o mérito e o esforzo dos deportistas na súa preparación e rendemento na competición.