O Club Escola Lucense de Tiro con Arco destaca no XXV Torneo Concello das Pontes

LugoXa
Entre os logros obtidos, cómpre salientar o terceiro posto e podio de Juan Andrés Casaleiro Piña na categoría Recurvo Senior Homes
clasificados-tiro-con-arco-Escola-Lucense
3 Feb 2025

Os membros do Club Escola Lucense de Tiro con Arco (C.E.L.T.A.) participaron no XXV Torneo Concello das Pontes de Tiro con Arco, logrando resultados destacados en diversas categorías.

Entre os logros obtidos, cómpre salientar o terceiro posto e podio de Juan Andrés Casaleiro Piña na categoría Recurvo Senior Homes. Así mesmo, Brais López Neira acadou o cuarto posto na categoría Recurvo Cadete Homes, demostrando un gran nivel competitivo.

Outros resultados obtidos polos representantes do C.E.L.T.A. foron da man de Jose Luis López Jiménez, 13° en Recurvo Veterano Homes; Juan Carlos Fernández Villar, 27° en Recurvo Senior Homes; e Celia Sánchez Mateos, 29° en Recurvo Senior Mulleres.

O club celebra a destacada actuación dos seus arqueiros e segue apostando polo desenvolvemento e a promoción do tiro con arco na rexión.

0.1752450466156