O Club Escola Lucense de Tiro con Arco logra un ouro e unha prata no Trofeo Federación Gallega en Sala

O Club Escola Lucense de Tiro con Arco tivo unha actuación destacada no Trofeo Federación Gallega en Sala, acadando un total de dous podios: un ouro e unha prata, ademais de boas clasificacións en distintas categorías.
En LongBow 50+ Masculino, José Ángel Otero Martínez proclamouse campión con 490 puntos, mentres que en Recurvo Alevín Masculino, Áxel Fernández Arias logrou o subcampionato con 512 puntos. Tamara Reigada García foi quinta en Tradicional Senior Feminino con 472 puntos, e Fon Villamiel conseguiu tamén a quinta praza en Tradicional 50+ Masculino con 515 puntos.
Na categoría Recurvo Senior Feminino, Ana Isabel Villar Fernández foi oitava con 399 puntos, María Castelo Arias décima con 344 puntos e Celia Sánchez Mateos duodécima con 271 puntos. Pola súa banda, en Recurvo Senior Masculino, Juan Andrés Casaleiro Piña logrou a quinta posición con 533 puntos, seguido de Juan Carlos Fernández Villar e José Luis López Jiménez, vigésimo primeiro e vigésimo segundo con 341 puntos, e Brais Méndez Rodríguez vixésimo cuarto con 258 puntos.
A destacada actuación da expedición lucense reforza a tendencia positiva do Tiro con Arco en Galicia, amosando a calidade e progresión dos seus deportistas nas competicións autonómicas.