O Club Escola Lucense de Tiro con Arco participou no XIX Torneo Cidade de Narón

LugoXa
Os arqueiros lucenses conseguiron "bos resultados", segundo explican desde o club deportivo
Club-Escola-Lucense-de-Tiro-con-Arco-no-XIX-Torneo-Cidade-de-Narón
28 Nov 2024

O Club Escola Lucense de Tiro con Arco participou o pasado sábado 23 de novembro no XIX Torneo Cidade de Narón con 6 seteiros.

Os arqueiros lucenses conseguiron "bos resultados", segundo explican desde o club deportivo.

Así, destacaron Icía González López, que na categoría recurvo infantil feminino, obtivo un 4º posto; Xiana Blakue Vites, que na categoría recurvo alevín feminino, obtivo un 4º posto; Celia Sánchez Mateos, que na categoría recurvo senior feminino, obtivo un 14º posto no clasificatorio e perdeu en oitavos de final; María Castelo Arias, que na categoría recurvo senior feminino, obtivo un 8º posto no clasificatorio e perdeu en oitavos de final; Ana Isabel Villar Fernández, que na categoría recurvo senior feminino, obtivo un 9º posto no clasificatorio chegando ata cuartos de final; e Juan Andrés Casaleiro Piña, que na categoría recurvo senior masculino, tras unha rifada final obtivo o 1º posto, cunha frecha de 10 puntos no desempate.

0.17259097099304