O Club Fluvial acollerá o Campionato Galego Absoluto de Inverno de Natación

LugoXa
El Club Fluvial de Lugo acogerá el Campeonato Gallego Absoluto de Invierno de Natación los días 28, 29 y 30 de diciembre.
campionato galego absoluto inverno natacion
21 Dec 2021

A cidade de Lugo acollerá por primeira vez o Campionato Galego Absoluto de Inverno de Natación que terá lugar no Club Fluvial

O Campionato Galego Absoluto de Inverno de Natación terá representación lucense por parte dos catro clubs de natación da cidade que disputarán este campionato. En especial haberá 15 integrantes da sección de natación do Fluvial que loitarán ao máximo debido a que é o equipo anfitrión e, ademais, terá que defender o título que o equipo masculino acadou o ano pasado en Ourense.

Esta cita desenvolverase os días 28, 29 e 30 de decembro. Será a última gran competición da tempada de piscina curta, e unha boa proba para que os deportistas afinen a súa posta a piques de cara aos obxectivos que afrontarán nos próximos meses.

Esta proba celebrarase a nivel rexional en tres xornadas, en sesións de mañá e de tarde. As sesións de mañá darán comezo ás 9.30 horas e ás de tarde ás 17.30 horas.

Nestes días competirán 247 atletas de toda Galicia, pertencentes a 24 equipos. Os deportistas nadarán polo sistema de contra reloxo.

campionato galego natacion inverno
0.22839999198914