O Club Fluvial de Friol celebra o segundo aniversario da súa reapertura
O remodelado Club Fluvial de Friol celebra este venres o segundo aniversario da súa reapertura con varias actividades.
O lugar acollerá unha paella xigante con cervexa ás 21.00 horas para rematar a noite coa actuación do DJ Mun.
O complexo seguirá en activo de luns a venres de 14.00 a 20.00 horas e as fins de semana e días festivos amplíase de 12.00 a 21.00 horas.
Despois do éxito que tivo o ano pasado a decisión de ampliar o período de apertura das instalacións fluviais, decisión tomada debido ás peticións que recibiron por parte dos veciños, que pedían poder desfrutar das boas e renovadas instalacións durante mais tempo, e tamén pola cantidade de xente que ao longo de estes veráns pasados se acercou a Friol para bañarse nas novas piscinas, o Equipo de Goberno decidiu adiantar a apertura e mantelas abertas ata o domingo 15 de setembro.
Hai dous veráns estreáronse as novas instalacións do Club Fluvial, que foron reformadas tras 40 anos sen cambios. As obras consistiron na renovación integral da edificación do edificio central ademais das dúas piscinas exteriores, unha de adultos e outra infantil, que ten o recinto. Tamén se executaron traballos de urbanización e a creación de espazos axardinados.
Por outra banda, a previsión é continuar coa urbanización de parte da contorna da praia fluvial, localizada nunha das marxes do río Narla coa renovación do paseo e a construción dunha ponte sobre o río.
Tamén se fixo a mellora da pista de tenis.