O Club Fluvial de Lugo faise con catro podios na Copa de España Cadete de Piragüismo
LugoXa
Estes resultados supoñen unha fantástica progresión do equipo de canoa que ademais de obter todos os podios, achegaron a maioría dos puntos para a clasificación xeral
3 Xuño 2024
O Club Fluvial de Lugo faise con catro podios na Copa de España Cadete de Piragüismo. Deste xeito, Alejandro Perez logra un ouro en C1, Alejandro Pérez e Iván Argiz suman unha prata en C2 e fanse cun terceiro posto Iván Argiz en cadete B e para o C4 de Uxía Racamonde, Hugo e Iván Argiz e Alejandro Pérez.
Deste xeito, o club queda quinto na clasificación por clubs con 70 clubs de toda España. Estes resultados supoñen unha fantástica progresión do equipo de canoa que ademais de obter todos os podios, achegaron a maioría dos puntos para a clasificación xeral.