O Club Fluvial de Lugo gaña a II Copa de España de Sprint Olímpico

LugoXa
Outro resultado destacado é o segundo posto das xuvenís Emily Fernández e Aida Fonseca en K2 500
club_fluvial_lugo
O club no podio
27 Maio 2024

O K4 do Club Fluvial de Lugo, integrado por Cristian Toro, Pelayo Roza, Xoel Garcia e Pablo Roza, faise coa medalla de ouro na II Copa de España de Sprint Olímpico, celebrada en Sevilla. Outro resultado destacado é o segundo posto das xuvenís Emily Fernández e Aida Fonseca en K2 500. Foi unha gran carreira para as junior que soben novamente ao podio a pesar de ser o primeiro ano na categoría.

Ademais, outras 14 embarcacións competiron en finais, para conseguir o sexto posto na xeral por clubs. O equipo feminino está a unha regata de conseguir o ascenso a división de honra A próxima cita e a máis importante da tempada será o Campionato de España do 12 ao 14 de xullo.

0.19004011154175