O Club Fluvial de Lugo gañou na sexta e última regata da Copa Deputación de Piragüismo
O Club Fluvial de Lugo logrou o primeiro posto na sexta e última regata da Copa Deputación de Piragüismo, que se celebrou no encoro de Vilasouto, no Incio.
O Cidade de Lugo, organizador da regata, quedou segundo, e o Altruán de Ribadeo, terceiro, que completaron o podio por equipos da proba na participación de máis 200 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia: Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo.
Ademais do trofeo da regata, o Club Fluvial de Lugo ratifícase como campión da competicion provincial, na que se suman os puntos colleitados polos equipos nas seis regatas, seguido de CP Altrúan e Cidade de Lugo.
A competición, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Federación Gallega de Piragüismo, ofrece aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas, contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeran as probas. Precisamente a última regata da liga provincial celebrouse na xornada en que un dos seus participantes habituais, o palista xuvenil de Cidade de Lugo, Víctor Devesa, se proclamou campión do mundo de maratón en Metkovic (Croacia).