O Club Fluvial de piragüismo triunfa no Campionato de España

LugoXa
O Club Fluvial de Lugo logra catro ouros, un bronce, sete finais A e sete finais B no Campionato de España de piragüismo.
2 Aug 2021

O Club Fluvial de Lugo logra catro ouros, un bronce, sete finais A e sete finais B no Campionato de España de piragüismo celebrado no Centro Deportivo David Cal de Verducido, en Pontevedra.

Así pois, Cristian Toro foi o gran dominador das diferentes categorías por equipos nas que se subiu ao podio ata en catro ocasións. Toro logrou dar o máximo nivel na K4 200 metros, xunto con Xoel García, Pelayo Roza e Oskar Rifa; conseguindo desta maneira o primeiro posto da clasificación. En k4 500, pola súa parte, os catro palistas mencionados anteriormente tamén se alzaron coa vitoria despois de facer un tempo de 1:22.703.

No caso dos K2 500 e 200, Toro alcanzou, xunto con Xoel García e da man de Pelayo Roza respectivamente, a medalla de ouro para sumar máis vitorias ao seu casilleiro.

Sen embargo, a primeira medalla no Campionato de España para o Club Fluvial de Lugo foi o bronce de Pelayo Roza en k1 500, despois dunha boa actuación na que alcanzou o podio.

Desta maneira, o Club Fluvial en categoría masculina convértese no cuarto mellor equipo, pechando de forma excelente as probas da Liga Olímpica de Sprint. A próxima cita para os lucenses será en Verducido, nas probas para o campeonato do mundo que se disputarán o 31 de agosto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.08830189704895