O Club Fluvial proclamouse campión da Copa Deputación de Piragüismo

LugoXa
O Club Fluvial proclamouse campión da XIII Liga Provincial – Copa Deputación de Piragüismo patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
copa deputacion piraguismo
24 Sep 2023

O Club Fluvial proclamouse campión da XIII Liga Provincial – Copa Deputación de Piragüismo patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O club lucense sumou os últimos puntos na sexta e última regata da competición que se celebrou nas Saamasas, en Lugo.

Cidade de Lugo -segundo- e o Altruán de Ribadeo -terceiro – completan o podio da liga provincial; o mesmo que o desta última regata, organizada polo Cidade de Lugo. A deputada Iria Castro entregou os trofeos na Escola Provincial de Piragüismo, onde parabenizou a todas e todos os piraguistas participantes.

A liga provincial de piraguismo conta coa participación dos seis augas tranquilas da provincia: CD San Ciprián, CP Altruán de Ribadeo, Club Kayak Foz, CP Viveiro Urban Hotel, Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo. Cada entidade organiza unha das regatas, nas que participan unha media de 225 piraguistas das diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20085501670837