O Club Goldance álzase con dous ouros no campionato de Bachata Shine
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado da concelleira Jessica Rodríguez, recibiu no Concello ás campioas galegas e de España de Bachata Shine, Esther Rego e Julia Medela, de Viveiro e de Antas de Ulla, e ambas pertencentes ao Club Goldance - Escuela de Baile Deportivo y de Salón, con sede en Monterroso.
As dúas integrantes do club alzáronse coa medalla de ouro na categoría de Bachata Shine individual feminino sénior e Bachata Shine individual feminino xuvenil 1 na especialidade de Bailes Caribeños no Campionato de España que se celebrou en La Nucía (Alacante) a finais do mes de xuño.
Nas imaxes están acompañadas por Dimas Fernández, o técnico do club e por Elda Cereijido, a presidenta do mesmo. Goldance leva varios anos traballando en Monterroso onde ofrece clases semanais de baile para todas as idades, tanto para baile de competición como social.
Monterroso estivo presente ademais a través do Club Goldance no Campionato do mundo que se celebrou este ano. O Concello de Monterroso conta con moi boa canteira nesta modalidade deportiva.
O rexedor fíxolle entrega dun agasallo institucional en agradecemento o labor que realizan e a súa aposta polo baile, unha disciplina que cada vez ten máis adeptos en Monterroso.