O club Lume de Friol inicia a súa actividade o 19 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
Adestrarán os sábados pola mañá no polideportivo municipal
friol-lume-beisbol
11 Out 2024

O club de béisbol Lume de Friol comeza este ano a súa andaina iniciando os adestramentos o próximo 19 de outubro.

Estes terán lugar todos os sábados, de 11.00 a 13.00 horas no pavillón polideportivo de Friol. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde terceiro de Primaria ata segundo da ESO.

Para a mocidade de terceiro e cuarto da ESO haberá tamén adestramentos pero estes terán lugar en Lugo.

As persoas que desexen información ou anotarse a esta actividade poden falar con Liván Albelo no 633 042 924.

0.14223217964172