O Club Natación PortaMiñá destaca no Campionato Galego Júnior e Absoluto

LugoXa
O equipo lucense proclamouse campión galego júnior en categoría conxunta e feminina e logrou tres récords galegos en relevos masculinos absolutos
CN-PortaMiñá-Campionato-Galego-2025
9 Jul 2025

O Club Natación PortaMiñá continúa sumando éxitos nesta tempada e vén de acadar un novo triunfo no Campionato Galego Júnior e Absoluto, onde se proclamou campión galego júnior tanto na categoría conxunta como na feminina.

Na categoría absoluta masculina, o equipo centrou os seus obxectivos nas probas de relevos, nas que obtivo uns resultados espectaculares ao bater tres récords galegos nas modalidades de 4x50 estilos, 4x100 estilos e 4x100 libres.

As nadadoras absolutas tamén tiveron unha actuación destacada, tanto nas probas individuais como nos relevos, contribuíndo a unha excelente competición a nivel colectivo.

O club lucense pecha así unha tempada brillante, na que foi un dos grandes referentes da natación galega, destacando en todas as citas autonómicas nas que participou.

⚙ Configurar cookies
0.19702100753784