O Club Natación Portamiñá proclámase campión da Copa Galega Benxamín en Frigsa

LugoXa
A actuación dos Benxamíns confirma ao PortaMiñá como unha das referencias imprescindibles da natación galega
Copa-Galega-Benxamín-CN-Portamiña
18 Jun 2025

O equipo Benxamín do Club Natación Portamiñá coroouse campión da Copa Galega Benxamín este sábado na piscina de Frigsa, pechando unha tempada brillante e reafirmando o gran momento que vive a entidade lucense.

Este novo triunfo chega apenas unha semana despois do éxito conseguido polos Prebenxamíns, consolidando así o traballo sostido do club coas categorías de base.

A actuación dos Benxamíns confirma ao PortaMiñá como unha das referencias imprescindibles da natación galega, grazas ao esforzo dos nadadores máis novos e á dedicación dun corpo técnico que continúa formando talento desde as idades máis temperás.

⚙ Configurar cookies
0.17770600318909