O Club Natación Portamiñá proclámase campión galego en División de Honor
LugoXa
Este sábado a piscina municipal de Frigsa acolleu a Fase Final da Liga Galega de División de Honor na que o Portamiñá se proclamou campión
10 Maio 2023
Este sábado a piscina municipal de Frigsa acolleu a Fase Final da Liga Galega de División de Honor, unha das citas máis importantes do calendario galego en competición regular.
Esta competición enfrontou ao Club Natación Portamiñá, o Club Fluvial e o Club Natación Pabellón Ourense nunha xornada nos que os nadadores do Portamiñá se praclamaron campións.
O club lucense está desfrutando dunha tempada chea de éxitos despois de conseguir en novembro o título de campión galego absoluto, tamén na piscina de Frigsa, e de obter uns grandes resultados no Campionato de España Open Junior e Absoluto celebrado a finais de marzo en Palma.
A estes éxitos súmase tamén o recente campionato dos infantís de Liga Galega Infantil nesta tempada 2022 - 2023.