O Club Natural Catro organiza unha nova edición da Ruta do Cádavo

Programan unha nova edición da Ruta do Cádavo. Trátase da décimo novena convocatoria desta cita que se celebrará o venres 26 e o sábado 27 deste mes de abril. O Club Natural Catro organiza esta proposta que conta coa colaboración do Concello.
A xornada do sábado dará comeza ás 8.30 horas co entrega das acreditacións e a posterior saída dos participantes. Haberá café, comida de campaña e cea fin de ruta a partir das 22.00 horas.
A festa de despedida terá lugar no Recuncho D´Vane con Adolfo Valiño. Os interesados poden participar realizando as súas inscricións no naturalcatro@gmail.com ou nos 620 685 081 ou 689 741 166.