O Club Piragüismo Cidade de Lugo faise con tres medallas no Campionato Galego de Inverno
Esta fin de semana rematou o Campionato Galego de Inverno en K4-C no parque náutico ourensá de Castrelo de Miño, a segunda competición da tempada de piragüismo en Galicia. No encontro, no que participaron máis de 600 deportistas representando a máis de trinta clubs galegos, todas as embarcacións do Club Piragüismo Cidade de Lugo, dende infantil ata sénior acadaron moi bos resultados.
Os piragüistas Víctor, Dani, Álex e Mario fixéronse co ouro na cateogría masculina xuvenil K4. Pola súa parte Ángela, Aroa, Irene e Noelia lograron a medalla de plata na categoría feminina infantil B K4 e Aiora, Nuria, Llara e Lucía acadaron un terceiro posto na senior K4.
En cuarto lugar da masculina sénior C4 tamén quedaron Teo, Piña, Jherson e Pociña, mentres que os seus compañeiros André, Ramón, Íñigo e Pablo lograron o quinto posto na categoría senior K4.