O Club Piragüismo Cidade de Lugo pon en marcha cursos gratuítos de iniciación
LugoXa
Trátase dunha actividade para gozar do verán e desfrutar da natureza mentres se aprende a navegar en piragua
Club Cidade de Lugo
1 Xuño 2024
O Club Piragüismo Cidade de Lugo pon en marcha cursos para iniciarse nesta práctica deportiva de carácter gratuíto para nenos de ata 14 anos. Trátase dunha actividade para gozar do verán e desfrutar da natureza mentres se aprende a navegar en piragua.
As actividades son semanas, de feito cada luns comezan novos obradoiros en varios horarios polo que os interesados poden elixir o que mellor se lles adapte. Tanto os cursos de iniciación como o resto de actividades como bautismos, rutas en kayak ou barco dragón teñen lugar na Reserva da Biosfera Terras do Miño.