O Club Ritmo Lugo conseguen 45 medallas no Campionato de España

LugoXa
O Club Ritmo Lugo consegue un total de 45 medallas nas competicións nacionais de Hip Hop e Bailes Caribeños
Recepción Ritmo Lugo
29 sep 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no Concello aos integrantes do Club Ritmo Lugo que se alzaron cun total de 45 medallas nos Campionatos de España de Hip Hop e Bailes Caribeños (Salsa on2, Merengue, Bachata e Salsa cubana) celebrados en Narón (Ferrol). En concreto, os bailarines lucenses conseguiron 14 medallas de ouro; 16 medallas de prata; e 15 medallas de bronce.

A rexedora felicitou aos membros do club lucense polo seu gran éxito e desexou a mellor das sortes aos nove integrantes de Ritmo Lugo que acaban de ser seleccionados para competir no Mundial IDO World Dance Organization, que se celebrará os próximos 27 a 30 de outubro en Varsovia, Polonia, “estaremosvos apoiando dende a distancia para que levedes o nome de Lugo ao máis alto”, apuntou Lara Méndez.

Recepción Ritmo Lugo
0.23266696929932