O club Valle-Inclán de Lugo organiza unha viaxe por Castela A Mancha
LugoXa
Do 22 ó 26 de maio visitarán, entre outros sitios, algunhas das zonas e lugares vinculados á obra cervantina sobre Don Quijote e Sancho Panza
Imaxe de arquivo
19 May 2024
O club cultural Valle-Inclán organiza unha nova viaxe cultural por Castela A Mancha. Do 22 ó 26 de maio visitarán, entre outros sitios, algunhas das zonas e lugares vinculados á obra cervantina sobre Don Quijote e Sancho Panza. Así, desde Alcázar de San Juan, irán ós característicos muíños de vento de Campo de Criptana, a El Toboso de Dulcineae ás covas viñateiras de Tomelloso.
Tamén se achegarán ó espazo natural das Lagoas de Ruidera, coa Cova de Montesinos, á vila histórica e teatral de Almagro, ó Campo de Calatrava e o palacio de Viso del Marqués así coma ás paraxes simbólicas de Puerto Lápice e Consuegra.