O Club Valle-Inclán organiza en Lugo unha conferencia sobre Luísa Villalta
LugoXa
O Club Cultural Valle-Inclán organiza este venres no Vello Cárcere a conferencia Luísa Villalta e a literatura galega do seu tempo.
14 Mar 2024
O Club Cultural Valle-Inclán organiza este venres no Vello Cárcere a conferencia Luísa Villalta e a literatura galega do seu tempo. A través desta intervención, que comezará ás 19.30 horas, abordaranse os principais socalcos biográficos e intelectuais de Villalta.
Ao mesmo tempo achegaranse panorámicas do seu amplo e poliédrico labor como poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora e música. Ademais, contextualizarase este intenso quefacer no seu tempo e nas relacións literarias mantidas con outros escritores e persoeiros dos que foi coetánea.