O Club Voleibol Emevé lanza Bioleibol para promover hábitos saudables en Lugo

LugoXa
A iniciativa celebrarase este sábado en catro puntos da cidade en colaboración coa Tenencia de Alcaldía e a Deputación
Club-Voleibol-Emeve-lanza-Bioleibol
20 Jun 2025

O Club Voleibol Emevé presenta a actividade Bioleibol, unha proposta para fomentar a práctica do vólei como deporte bio-saudable e promover hábitos de vida saudables entre a cidadanía.

A actividade desenvolverase este sábado en catro puntos da cidade: Parque de Frigsa, Parque de Rosalía, Praza de Augas Férreas e Praza de Santa María.

A presentación tivo lugar esta mañá coa presenza do Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a concelleira de Participación, Cristina López, o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e Bibí Bouza en representación do CV Emevé.

Bioleibol converterase nestes espazos nun punto de encontro para difundir os beneficios do deporte e fomentar un estilo de vida máis saudable a través do vólei.

⚙ Configurar cookies
0.17769885063171