O CN PortaMiñá brilla no Campionato Galego Júnior e Copa Sénior

Este fin de semana, o CN PortaMiñá demostrou unha vez máis o seu gran nivel competitivo no Campionato Galego Xúnior e a Copa Sénior, celebrados en Ourense. Durante dous intensos días de competición, os equipos da entidade conseguiron excelentes resultados, destacando en diversas categorías e consagrándose como un referente na natación galega.
Na clasificación conxunta por equipos, o CN PortaMiñá proclamouse Campión Galego Xúnior, unha vitoria que reflicte o traballo e esforzo dos mozos nadadores. Ademais, o equipo feminino conseguiu o título de Campioas Galegas Xúnior na clasificación feminina, mentres que o equipo masculino finalizou nun destacado terceiro posto.
Na Copa Sénior, que se disputa baixo a clasificación por puntos FINA, o equipo masculino brillou coa actuación de Brais Novo, quen levou o trofeo de primeiro posto, e Martín Vázquez, que conseguiu a segunda posición.
En canto ás medallas conseguidas por cada deportista; no primeiro día de competición, Carmen López logrou a medalla de ouro en 50 Libres, Sofía Mourenza conseguiu o ouro en 100 Braza, 400 Estilos e 200 Estilos, e Inés Mourenza tamén obtivo o ouro en 200 Mariposa e 1500 Libres. En canto ás medallas de prata, Samuel Gómez conseguiu a prata en 100 Braza, Raúl Gavieiro en 200 Mariposa, e Iván Díaz en 1500 Libres. Pola súa banda, Carmen López levou o bronce en 100 Libres e Brais Pérez conseguiu o bronce en 1500 Libres. Ademais, o equipo feminino composto por Inés Mourenza, Carmen López, Sofía Mourenza e Aitana López conquistou o ouro no relevo 4x200 Libres, mentres que o relevo masculino, con Samuel Gómez, Brais Pérez, Raúl Gavieiro e Iván Díaz, logrou o bronce na mesma proba.
No segundo día, Sofía Mourenza volveu brillar con oros en 200 Braza, 200 Estilos e 100 Mariposa, mentres que Brais Pérez colgouse o ouro en 400 Libres. Inés Mourenza tamén conquistou o ouro en 100 Mariposa. Nos relevos, o equipo feminino formado por Carmen López, Sofía Mourenza, Inés Mourenza e Mireia Vázquez levou o ouro en 4x100 Libres e en 4x100 Estilos. Ademais, Aitana López logrou a prata en 100 Mariposa e Iván Díaz a prata en 800 Libres. Aitana López tamén conseguiu o bronce en 200 Estilos, Brais Pérez en 200 Libres e Aitana López en 50 Mariposa.
Ademais destes logros, varios nadadores do CN PortaMiñá tamén participaron no Campionato de España Máster en Oviedo, demostrando unha gran competitividade e estando moi preto dos primeiros postos nas súas respectivas categorías.
Con este novo éxito, o CN PortaMiñá segue demostrando a súa forza non só na categoría xúnior, senón en todas as idades, consolidándose como un dos clubs máis destacados de Galicia.