O CN PortaMiñá proclámase campión galego alevín na piscina de Cervo

LugoXa
O club lucense impúxose por diante do CN Ferrol nun campionato con 25 equipos e 246 nadadores
CN-Portamiña-Campionato-Galego-Alevin
24 Jun 2025

Durante a pasada fin de semana celebrouse na piscina de Cervo o Campionato Galego Alevín de natación, unha cita que reuniu a 25 equipos e un total de 246 nadadores e nadadoras de toda Galicia.

Nesta nova edición, o Club Natación PortaMiñá volveu demostrar a súa hexemonía na natación autonómica ao facerse co título de campión galego, por diante do Club Natación Ferrol.

O equipo lucense destacou tanto en probas individuais como en relevos. No plano individual, os seus deportistas lograron un total de 6 medallas de ouro, 5 de prata e 4 de bronce. Ademais, nas probas de relevos sumaron 2 ouros máis e outras 4 pratas, consolidando así o seu liderado na clasificación xeral.

⚙ Configurar cookies
0.20384383201599