O Cocido de San Antonio foi "todo un éxito"
A Asociación de Veciños de Barrio de San Antonio de Padua organizou o Cocido de San Antonio, un evento pensado para compartir en familia e desfrutar do barrio xuntos.
Ademais do cocido, as persoas asistentes puideron gozar de música en directo coa actuación de Os Xílgaros e de actividades pensadas para que os máis pequenos pudieran ter o seu espazo de diversión.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, que estivo alí, dixo que foi “todo un éxito” a recuperación desta festa, que contou co apoio da Xunta de Galicia, poñendo en valor “o excelente traballo que fai a asociación para dinamizar o barrio”.
Pola súa parte, a portavoz popular local, Elena Candia, tamén estivo presente, destacando a oportunidade única para encontrarnos, compartir e celebrar xuntos as melloras que entre todos estamos construíndo neste barrio”. E destacou “as recentes inversións públicas que recibiu este barrio. Queremos acompañalo no seu crecemento, transformándose nun lugar máis vivo, accesible e cheo de oportunidades”.