O coidado dos maiores como estratexia contra o despoboamento centra unha xornada en Lugo
A Deputación de Lugo acollerá este xoves no Pazo de San Marcos a xornada A Prestación de servizos de calidade ás persoas maiores nos municipios de pequeno tamaño, como estratexia contra o despoboamento. Un foro organizado pola Fundación Democracia y Gobierno Local en colaboración coa institución provincial, con entrada gratuíta ata completar o aforo do salón de actos.
As persoas interesadas teñen que inscribirse enviando un correo electrónico á dirección protocolo@deputacionlugo.org ou chamando ao número de teléfono 982 260 134. O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o xerente da Fundación Democracia y Gobierno Local, José Luis Moreno Torres, serán os encargados de dar a benvida aos asistentes, que terán a oportunidade de asistir a un total de cinco conferencias con expertos e profesionais do sector da prestación de servizos sociais.
O programa
9:30h.- Inauguración a cargo do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e do xerente da Fundación Democracia y Gobierno Local, José Luis Moreno Torres.
10:00h.- A tipoloxía e configuración dos servizos de protección e atención ás persoas maiores nos pequenos concellos. Mónica Domínguez Martín, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid.
10:45h.- O marco competencial e as capacidades dos pequenos municipios para a prestación de servizos de calidade ás persoas maiores. Diana Santiago Iglesias, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.
11:30h.- Pausa.
12:00h.- A prestación de servizos de calidade ás persoas maiores nos concellos de pequeño tamaño a través de fórmulas contractuais. Mónica Legaspi Díaz, interventora e profesora no grao de Economía e de Administración e Dirección de Empresas.
12:45h.- A prestación de servizos de calidade ás persoas maiores nos municipios de pequeno tamaño a través de fórmulas non contractuais. Andrea Garrido Juncal. Doutora en Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.
13:30h.- A rede de Centros de Atención a Persoas Maiores da Deputación de Lugo: un modelobiopsicosocial integral. Silvia García López, xefa do Servizo de Benestar e Igualdade da Deputación de Lugo.