O colectivo 5 Ríos organiza unha viaxe a Vigo para ver as luces de Nadal
LugoXa
O colectivo Os 5 Ríos do Corgo organiza unha viaxe a Vigo para ver as luces de Nadal, viaxe que terá lugar o 2 de decembro con saída do centro sociocultural ás 10.
18 Nov 2023
O colectivo Os 5 Ríos do Corgo organiza unha viaxe a Vigo para ver as luces de Nadal, viaxe que terá lugar o 2 de decembro con saída do centro sociocultural ás 10.00 horas e regreso ás 21.0 horas.
A viaxe require de inscrición previa antes do 25 de novembro. Esta debe facerse nos teléfono 648 063 894, 686 625 657 e 670833 909.
O prezo da viaxe é de 15 euros e inclúe o autobús xa que a comida é por conta de cada un.