O colectivo feminina Andaina presenta hoxe a súa revista no Vello Cárcere

LugoXa
O colectivo feminista Andaina de Mulleres organiza hoxe, venres, ás 20:00 horas no auditorio do Vello Cárcere de Lugo a presentación do último número da revista Anda!na (revista galega de pensamento feminista), nun acto aberto ao público no que se abordarán distintos temas de actualidade para o movemento feminista.
26 Xan 2024

No número 72 desta publicación, que se edita desde o ano 1982, pode atoparse un dossier sobre transexualidade, con artigos sobre infancia e adolescencia trans; así como unha entrevista á activista polos dereitos trans e activista cultural Nee Barros. Inclúense tamén comentos sobre libros, a linguaxe non binaria ou a misoxinia nas redes sociais.

Andaina de Mulleres

Andaina é un colectivo formado por mulleres unidas por un interese común: o pensamento feminista. Dentro desta asociación pódese atopar información sobre diferentes temas que abordan o pensamento feminista desde diferentes puntos de vista.

Ademais de ser unha asociación que se xunta para debater e intercambiar información sobre distintos temas, baixo este nome tamén se pode atopar unha revista, Anda!na -Revista Galega de Pensamento Feminista-, que adoita ter unha periodicidade de publicación anual.

0.19356799125671